Translate

enero 29, 2021

Corteza Inhumana - Meine tote Seele (Demo 2019)

 


 "Meine tote Seele", primeiro traballo en forma de Demo, dos Vigueses Corteza Inhumana, formados no inverno do ano 2018, publicado en formato CD polo selo LOITA UNDERGROUND e Cassette por NIGRA MORS.

 Formada por 6 temas, 5 de estudio e un grabado en directo (Zerstört), esta Demo e a carta de presentación de Txomy (Strangled With Guts, Esquizofrenia Paranoide...) e José María deste proxecto formado coma unha homenaxe aos extintos Corteza Humana e sen máis idea que a de tocar os temas xa compostos por Jorge e Indio.

 Nesta Demo o que imos escoitar e un Black Metal primixenio, coas influencias do Thrash Metal máis escuro e algún que outro recendo do Punk.

 Neste primeiro traballo, coma no resto deles que iremos comentando noutro momento, contaron coa participación de Nocturno (Xerión, Sordida Nox, N.N.N.) como baixo de sesión.

 Dos seis cortes sen dubida algunha de todos os temas, o que máis me gusta e o que da mome o disco, "Meine tote Seele" ainda que temas como "Unsterblich" ou "Verzeih Mir" fan as delicias dos meus oidos.

 Este traballo ven a demostrar o que é o Underground no seu maximo esplendor e demostrando que se poder facer Black Metal doutro xeito sen ter que estar afanados os moldes ou clasicismos que existen neste sub xénero.

 Pouco máis que decir pola miña parte que non sexan boas palabras para este proxecto e sen dubida que puiden desfrutar unhas cuantas veces no escenario, outras tantas vendoos ensaiar no Frenopátiko e que sen dubida cando os escoitei al polo mes de Xullo de 2019 atopei a banda que tanto buscaba no Metál e non albiscaba.

Longa vida os Corteza!


-Lista de temas: 

1. Tief und Grau

2. Verzeih Mir

3. Die rache des indianers 

4. Meine tote Seele

5. Unsterblich 

6. Zerstört* (Live) 

Por Edu Speed Hammer


No hay comentarios:

Publicar un comentario