Translate

enero 25, 2021

Esquizofrenia Paranoide - Podrido por Dentro (2020)

 


 Esquizofrenia Paranoide, proxecto Vigues de Sludge/Doom Metal, con grande influencias do Death/Doom e o Funeral/Doom, moi presentes no traballo que imos reseñar agora, "Podrido por Dentro", publicado a mediados do ano 2020, polo selo "Loita Underground", propiedade de Txomy, batería da banda.

 Imos o asunto.

 Proxecto formado ala polo 2010 por Diego P.V. sendo nas suas primeiras andainas un proxecto individual, pero que se converteu en banda publicando algúns Splits e EPs. Pero imos o gran, "Podrido por Dentro".

 Composto por 5 temas e un bonus, este primeriro larga duración de E.P. sen dubida, para este que escribe, e un gran traballo, case que e o que mais me gusta de todos os traballos publicados (seino Txomy, o Opressive gustache máis jajaja). 

 Comeza cun tema instrumental, "Ellos", un tema no que se pode apreciar o gusto polo bo Doom Metal clasico, donde a distorsión da guitarra e a batería envolvense dun xeito que ambos engraxan perfectamente.


 Seguimos con "Odio", segundo tema do disco, e quizais o que máis me gusta (puiden grabalo en video nun ensaio no veran do 2020, un gustazo velos ensaiar). Comeza cunha intro que non deixa indiferente a ninguén seguido dunha entrada de guitarra que fara que entres de cheo no tema, cunha batería no seu nivel, moi boa, coma sempre e onde podemos comezar a oir a profunda voz de Diego, sacada dende o máis fondo do seu corpo.

 "Podrido", deste xeito se titula este tercer tema, no que xa de primeiras podemos apreciar un tempo algo máis "rapido" ata que de novo volta a cadencia e tempo habitual de E.P. ,tema no que destacaría as voces de Diego, espectaculares, e o na batería o dobre pedal que emprega Txomy.


  Coma derradeiro tema de estudio atopamos "Agorafobia", cun comezo marcado por unha entrada progresiva do tema, donde a guitarra comeza dun xeito inusual, xa que en ningún tema do disco atopase algo igual, e deste tema non haberá moito mais que destacar do xa dito sobre os temas anteriores, un Doom Metal con grandes influencias doutros xéneros, aconsellada 100% aos oidos máis inquedos e desexosos do Doom Metal máis podrido e Underground.

 Coma colofón final, un "Bonus Live", no que nos amosan o que é Esquizofrenia Paranoide, un martelo do Doom Metal.

 Pouco máis que engadir pola miña parte, un gustazo oir este disco, que sen dubida gardo coma pano en ouro entre a miña colección de CDs e Cassette.


1. Ellos

2. Odio

3. Podrido

4. Agorafobia

5. Bonus Live



Reseña a cargo de: Edu Speed Hammer 


No hay comentarios:

Publicar un comentario